RSS

PROGRAMA XOGADE

DUAS EXPOSICIÓNS DO PROGRAMA XOGADE DA XUNTA ESTARÁN ESTA SEMANA NO COLEXIO PARA PROMOCIONAR O DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Durante unha semana o noso colexio disfrutará de dúas exposicións itinerante organizadas pola plataforma Deporte Galego da Xunta de Galicia dentro do programa Xogade que promociona o deporte en idade escolar. Ambas exposicións atópanse ubicadas no pasillo lateral dereito na planta baixa do noso Colexio por se queredes visitala.
GRAZAS A ÑECA E A CRISTINA QUE FORON PERSOALMENTE A BUSCAR O MATERIAL A CORUÑA E GRAZAS A TODOS OS QUE AXUDARON A MONTAR AS EXPOSICIÓNS

A primeira exposición titúlase
O DEPORTE E A EDUCACIÓN EN VALORES. Con esta actividade preténdese concebir o deporte como unha oportunidade para educar e promover condutas e valores, que poderan ser aplicables a todos os ámbitos da vida persoal dos nenos e nenas