FESTA SAMAIN E CONCURSO DE CABAZAS
AMPA CIA MARIA FERROL
AMPA CIA MARIA FERROL
Estimados Pais e Nais: Dirixímonos a vós para
convidarvos á FESTA DE SAMAIN que se
celebrará o 31 de Outubro tras a xornada escolar de 17:30-19:00, están
convidadas todas as familias con nenos en Educación Infantil e 1º e 2º de
Primaria.
O prezo da entrada será:
- GRATIS
para socios do Ampa
- 3 €
para non socios por neno.
17:20: os nenos sairán do colexio como todos os días.
17:30: Entrada dos pais cos nenos pola porta verde de C/ Españoleto. Todos os nenos que acudan á festa
deberán estar acompañados dos seus pais ou persoa maior ao cargo que
acompañarán ao niñ@ durante toda a festa.
Farase entrega dun
cornete de castañas para cada neno, se algún neno é alérxico a elas deberá especificalo
no recortable.
Durante a festa
teremos animación infantil.
Convidámosvos a gozar
deste evento coa mellor compañía do mundo, a dos nosos fillos, nunha xornada
que sirva de encontro para nosa gran familia, a comunidade educativa.
- TODOS OS NENOS QUE VAIAN A ACUDIR Á FESTA TEÑEN QUE ENTREGAR O
RECORTABLE DO FINAL DE PÁXINA NO AMPA ATA
O 26 de OUTUBRO.
- Esperámosvos
a todos o 31 de Outubro ás 17:30 h no colexio. Non faltedes!
Do mesmo xeito que
anos anteriores convidamos a todos os alumnos do colexio para participar no CONCURSO DE CABAZAS cuxas bases
figuran a continuación:
1.- TEMA: As cabazas serán decoradas con total liberdade polos nenos. Técnica e
tamaño libre.
2.- PARTICIPACIÓN: Cada alumno do centro poderá entregar unha cabaza.
- Días de Entrega: 29 e 30 de
Outubro en horario escolar. ( A votación levaraa a cabo pola
comunidade educativa do centro ao final do día).
- Fallo do premio: 31 de Outubro pola tarde. Durante a festa de
Samaín entregaranse os premios ata 2º de Primaria, o resto entregaranse o
seguinte día lectivo. - Ao finalizar a festa de samaín, todos os donos de
cabazas que queiran conservalas deberán a recollelas, senón tiraranse.
3.- IDENTIFICACION: As cabazas virán acompañadas dun sobre co nome e apelidos do neno e o curso ao que
pertencen. En caso de non estar ben cubertos estes datos
descualificarase.
4.-EXPOSICIÓN E PREMIOS: As cabazas gañadoras
expoñeranse durante a festa onde tamén se realizará a repartición de premios.

RECORTABLE FESTA SAMAÍN.
Entregar NO AMPA ata o 26 de Outubro.
O meu fillo/a
………………………………………………………………………………….…. curso ………………….. acudirá á Festa de Samaín o
31 de Outubro de 2018 no colexio de 17:30 – 19:00 h acompañado de
………………………………………………………………………………………………
ALERGICO: SI NON
ALERGICO: SI NON
PREZO: SOCIOS AMPA: GRATIS
NON SOCIOS AMPA: 3€ por neno